Saturday 12 May 2012

Aínda, O Capital Novas perspectivas acerca de Marx e O Capital en Alemaña Varios autores José María Durán Medraño (coord.)


Aínda, O Capital

Novas perspectivas acerca de Marx e O Capital en Alemaña
Varios autores
José María Durán Medraño (coord.)

EditorialSantiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2009
DescripciónRústica con lapelas, 190 páxs., 14 x 21
ISBN / ref978-84-8487-166-5
Sinopse 
Louis Althusser xa advertira que Marx fora un filósofo que recusou escribir “filosofía”, cando menos de forma tradicional. Ao escribir O Capital Marx tería practicado a filosofía que nunca escribiu. Esta práctica está contida no achado teórico de Marx que sería o da teoría da historia e a economía política, a descuberta do capital, que Marx practica sen producir un concepto de seu, novo, nunha obra filosófica rigurosa. Os textos que Aínda, O Capital lles presenta ao lector e a lectora aprofundan nesta descuberta teórica.
Unha vez máis na longa historia das diferentes recepcións de O Capital e os escritos que o contornan, Aínda, O Capital pretende ofrecer unha lectura con novos materiais críticos. Non obstante, sería inxenuo pensar que dun tal confronto cos textos de Marx ten de xurdir unha lectura certa e inequívoca que vaia dar resposta a todas as cuestións que o capitalismo suscita. Interpretacións contrapostas de Marx ten habido e, afortunadamente, moitas outras haberá. Aínda, O Capital quere contribuir a isto nun debate galego que está por realizarse. Os seis textos que nel se presentan non son a interpretación certa de Marx. Son unha posibilidade de lelo e reflesionalo.

Intervista con Gabriele Germani e Vadim Bottoni sul mio La logica del capitale.

 Intervista con Gabriele Germani e Vadim Bottoni sul mio La logica del capitale . Riassuntone di alcuni dei miei cavalli di battaglia :D R. ...